Recalar: “Logo dunha longa navegación, aproximarse a unha costa para recoñecela e determinar a posición”.
Cando a finais de 2016 comezamos a singradura de RadioSénior non sabíamos que estábamos a construír lembranzas que durarán para sempre, que estábamos a sementar liberdade nos campos das ondas radiofónicas, que estábamos demostrando que éramos quen de ser axentes activos de comunicación, … soamente pensábamos en aprender e desfrutar facendo radio e construíndo unha ferramenta de difusión da aprendizaxe ao longo da vida que vivimos na Universidade Sénior.
Desde a primeira emisión en maio de 2017, logo de 2 tempadas, 21 programas, case 1300 horas de radio en directo e moitas mais de produción e redacción, soaron mais de 150 cancións, dende Moustaki ou Serrat a Marea ou Rozalén, de Cristina Pato a os Beatles, das Cen Miradas de Sonia Lebedynski que nos serviu de sintonia de inicio…
View original post 820 palabras máis
Deixar unha resposta