Publicado por: chus | Maio 14, 2017

Ten a serena o canto. Manuel Curros Enríquez

En-RED-Versados

Elexin  “Os teus ollos” pensando no roteiro literario. Encántanme o poema e a música  … mesmo podemos cantala xuntos …

Curros_-_henriquez

  Manuel Curros Enríquez        

castro chané

                                              Castro Chané

Ten a serena o canto.

Ten a serena o canto
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo
co que tes escondido
neses teus ollos.

O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a groria do poeta,
o ouro do mundo:
Dera eso todo
por sólo unha mirada
deses teus ollos.

Buscan os pitorreises
pra faguer niño,
a herba santa que nace
veira dos ríos.
Eu busco sólo
unha mirada meiga
deses teus ollos.

Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.

Esta interpretación de Uxia Senlle , con Serxio Tannus e Christina Margotto é preciosa…

View original post


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: