Publicado por: chus | Xuño 5, 2010

a horta

Aquí estamos despois de unha tarde na horta.

É complicado o asunto, non pensedes…!

Para apañar unhas fabas …

Frésanche a terra (ti non tes con que)

fas os regos i enterras o esterco (que che da un veciño porque tí non tes)

espetas as fabas que mercaches en plantiñas (tí non as tiñas sementado)

pero son de “mata alta” e van trepar, por onde? polos paus que teñas a ben facilitarlles (fortes, se non deítanchos)

podes facerlles o labor menos complicado pendendo unha rede de cadriños entre estaca i estaca….

cando pase unha temporadiña, si a babosas , orugas e demais bicharracos deixan algo,

podes facer a colleita que malo será que non teñas para unha fabadinha cunhas ameixas para compartir cos amigos

…pero é moito o que saben!

Bon apetit…para cando sexa

polo momento disfrutas da malleira que lle metiches ó teu lombo

e agora boa noite


Respostas

  1. Eu que sempre pensei que o das fabas era ir ó supermercado, buscar a zona de legumes, mirar as marcas e comparar precios, mirar se queres un paquete de kilo ou de medio, metelo no cesto, facer cola na caixa, pagar e levar á casa. Agora vs tí e dis que hai que facer non sei que…. . Xa está, cando as teñas cocidas avisa.
    Bicos
    Amparo

    • Falta calcular a como vai sair o kg. pero bueno hai aquel dito “todo necio confunde valor e precio” asi que precio non sei, pero o valor…é moito.
      Bicos e ata o café

  2. Moi complicado,Chusinha.Non compensará máis mercalas?.Cando vou a miña aldea,prefiro facer “todo”o da casa e non ir as hortas.A verdade é que non sei nin plantar unha pataca.Por que non impartes un cursiño de “horticultura”,o vindeiro curso?.
    Biquiños.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: